martes, 19 de mayo de 2009

Algunhas fotos miñas de Portugal

Aquí tendes algunhas das miñas fotos en Portugal,un país que me encanta,entre outras cousas porque alí non me sinto extranxeiro,convídovos a visitalo.
Portugal é un pais onde podes atopar cousas moi modernas coma este estadio de Leiria que foi sede da Eurocopa xusto a carón de cousas moi antigas coma esa muralla que pertence a un castelo medieval.
O mosteiro de Batalha é alucinante,construeuse pra commemorar a victoria nunha guerra contra os españois ,a sua construcción durou mais de douscentos anos e nel traballaron autenticos artistas e arquitectos xeniais,toda unha maravilla,encantoume.
A universidade de Coimbra ,unha das mais antigas de Europa,deixoume alucinado a sua biblioteca ,onde non deixan sacar fotos,pero paga a pena vela
Moitos antepasados meus foron portugueses,gustame moito viaxar a este país,a xente é moi acolledora é si falas galego apreciante moito.Aquí estou no centro de Porto,unha cidade moi fermosa que vos recomendo sin dubida,podedes facer un percorrido en barco polo río Douro pasando por debaixo das suas magníficas pontes,subir a Torre dos Clerigos,mercar cousas moi baratas,etc,etc.(Por certo esta foto debe ser a única que eu non saquei)
Na serra do Gêres podes atopar lugares coma este,onde podes ver xuntos moitos piornos(ou horreos) ,alí chamanse espigueiros e son semellantes ós de Galicia.
Os portugueses son uns expertos en facer xardins,e téñenos sempre moi coidados,esta foto saqueina na cidade de Chaves ,onde por certo comese divinamente e o postre é ...enorme!
Na cidade de Amarante,podes alugar unha pedaleta é pasear navegando polo río e pasar por debaixo de sua ponte,incluso atracar nunha illa pequena que eu bautizei como Tortuga(coma a dos piratas)
As praias portuguesas son interminables ,moi abertas e sempre con bastante vento,casi toda acosta portuguesa esta formada por praias coma esta.
Unha ponte pode ser tan importante como pra que unha vila leve o seu nome,esta é a ponte de Ponte da Barca,no Norte de Portugal.
En Costa Nova,no centro de Portugal, as casas dos pescadores estan pintadas de raias,chamoume moito a atención,parecen de xoguete
Esta arbore enorme é un carballo,está no bosque de Buçaco,no centro de Portugal,un lugar con moita vexetación e moi variada,moi recomendable pra os amantes da natureza.
Esta saqueina en Aveiro,unha cidade moi bonita de Portugal.Estes barcos chamanse moliceiros e foron adicados a recoller algas pra usar como fertilizante.