miércoles, 15 de julio de 2009

As fervenzas de Oneta


Vinte quilómetros ó sur de Navia (Asturias) atopase o concello de Villayon,nel existen moitos saltos de agua e fervenzas,probablemente estas sexan as mais famosas de todas e alí fumos,deixamos o coche na pequena aldea de Oneta e camiñamos uns quilómetros atravesando pradeiras e un bosque de ribeira moi fermoso ata chegar a parte dabaixo da Firbia,un salto de uns quince metros de altura ,ainda que a cousa non remataba ahí e seguimos o curso do río mais abaixo,o recorrido faise un pouco duro e esbaradizo pero vale apena pois atopamos outra fervenza,tamén moi fermosa,existe unha terceira pero é practicamente inaccesible chegar a ela camiñando.Aqui podemos ver as duas,a de abaixo e a Firbia,e a outra e a Ulloa, ainaccesible chamase Maseirua mentras que o pequeno río chamase Acebo.Impresionante e moi recomendable.