jueves, 8 de julio de 2010

miércoles, 7 de julio de 2010

domingo, 7 de febrero de 2010

Pola de Lena (Asturias)
















Esta viaxe comenzamola dende o día 7 ata o día 10 Xaneiro de 2010,fumos a capturar unha gran nevada e por suposto,conseguimolo.Foi espectacular,sobre todo pra nós que vivimos nunha zona donde nunca neva,pasamolo moi ben a pesar da temperatura que chegou a baixar ata sete graos baixo cero pola noite,xogamos con trineos e camiñamos na neve que chegou a acadar cuarenta centimetros de grosor.Agradecemoslle todo o seu cariño e atencións con nos a Hortensia que nos acolleu coma unha nai na sua casa de El Valle.Un bico pra ela e pra Miguel.

jueves, 3 de diciembre de 2009

Os muiños do Folón





Todas estas fotos pertencen a unha ruta que fixemos no Concello de O Rosal(Pontevedra) onde poidemos disfrutar dunha fermosa paisaxe ,un calor asfixiante..e unha chea de muiños

miércoles, 15 de julio de 2009

As fervenzas de Oneta


Vinte quilómetros ó sur de Navia (Asturias) atopase o concello de Villayon,nel existen moitos saltos de agua e fervenzas,probablemente estas sexan as mais famosas de todas e alí fumos,deixamos o coche na pequena aldea de Oneta e camiñamos uns quilómetros atravesando pradeiras e un bosque de ribeira moi fermoso ata chegar a parte dabaixo da Firbia,un salto de uns quince metros de altura ,ainda que a cousa non remataba ahí e seguimos o curso do río mais abaixo,o recorrido faise un pouco duro e esbaradizo pero vale apena pois atopamos outra fervenza,tamén moi fermosa,existe unha terceira pero é practicamente inaccesible chegar a ela camiñando.Aqui podemos ver as duas,a de abaixo e a Firbia,e a outra e a Ulloa, ainaccesible chamase Maseirua mentras que o pequeno río chamase Acebo.Impresionante e moi recomendable.